Obradoiros | Workshops | Cursos
-
XVI GALA
PREMIOS MESTRE MATEO -
MARTES DE CARNAVAL
-
O DEUS DO POP
DESCRICIÓN
A produción é a grande esquecida na ensinanza artística. A maioría dxs artistas descoñecen os aspectos dos que se encarga a produción, as súas ferramentas e como usalas para facer mellor arte. Este descoñecemento provoca unha enorme desidia á hora de enfrontar as tarefas diarias que implican levar un proxecto artístico adiante. Ademáis, unha mala produción pode provocar non só que o produto resultante sexa peor, senón que o proceso sexa frustrante, estresante, que nos falten horas do día, teñamos problemas co equipo, non den as contas e acabemos traballando gratis ou que a nosa arte non chegue ao público ao que vai destinada.
Neste obradoiro faremos un achegamento ao mundo da produción artística e descubriremos, por un lado, que sen produción non existe arte, e polo outro, que cun mínimo dominio dos conceptos e ferramentas de produción poderemos mellorar QUÉ facemos e, sobre todo, CÓMO o facemos.
-
JE SUIS NARCISSISTE
-
JOANE
-
DON JUAN
PROGRAMA
Conceptos previos: O cadro empeza a pintarse o día que mercas os pinceis
Arte = Ideación + Materialización
Obxectivos e estratexias de produción
Equilibrio entre o QUÉ e o CÓMO
Ética na produción: xestión do poder
Fases da produción: Qué facer en cada momento
O trapecio máxico: información, tempo, recursos e ilusión
A xestión da información: as 5 W
A xestión do tempo: equilibrio do longo e curto prazo
A xestión dos recursos: un mundo máis alá das subvencións
A xestión da ilusión: colegas, autocoidado e precariedade
Plan de financiamento
Búsqueda de complicidades: O pitching
Búsqueda de complicidades: O dossier
Residencias artísticas: Vantaxes e posibilidades
O orzamento
Experiencias prácticas. Análise da produción dalgúns proxectos propios: “A amnesia de Clío” (ópera), “Garage” (teatro comunitario), “O soño dunha noite de verán” (teatro de compañía).
-
SOÑO DUNHA NOITE DE VERÁN
-
GARAGE
-
SIGLO MÍO, BESTIA MÍA
DOCENTE: JOSÉ DÍAZ
José Díaz. Produtor artístico e creador. Produtor da compañía Voadora onde tamén foi dramaturgo, intérprete, músico e realizador. Desde estructuras propias ou como freelance ten producido para o Teatro Real, Centro Dramático Nacional, Teatro Nacional Sao Joao, Teatro Lliure, MA Scène Nationale – Pays de Montbeliard, Centro Dramático Galego e Teatro Español entre outros. Ainda que centrado no teatro contemporáneo nos últimos 25 anos ten producido ópera, circo, danza, cine, ficción para tv, animación, publicidade, videoclips, divulgativos, galas de tv e festivais de rúa, o que lle permite ter unha ampla visión da labor da produción e o seu papel na creación artística. Na súa carreira destaca a construción de pontes entre institucións e artistas fomentando a investigación e o risco.
-
A AMNESIA DE CLÍO
-
CiTIUS: Technologies at every step
DESTINATARIXS
Artistas de toda índole con vontade de levar a cabo proxectos propios, especialmente das disciplinas que implican un equipo (escénicas e audiovisuais). Tamén a todas as persoas que se adican voluntaria ou involuntariamente á produción e desexen ordenar conceptos, reconectar co oficio, reflexionar sobre as posibilidades da súa profesión ou extraer novas ideas a partir da miña experiencia.
-
SOY UNA HUMANA
-
SHAKESPEARE EN ROMA
-
OTHELLO