Teatro comunitario como ferramenta de intervención e cohesión social
x 5 AULAS MUNICIPAIS DE TEATRO
x 5 MESES
x 5 CONCELLOS DO CAMIÑO
+ MOSTRA ITINERANTE
x 5 ESPECTÁCULOS
x 5 FINS DE SEMANA
Obxectivos
a) 5×5, a través das Aulas Municipais de Teatro impulsa a actividade, a creación, as prácticas e os procesos culturais contemporáneos en estreita vinculación coas comunidades e os seus contextos sociais, territoriais e culturais específicos. Na creación dunha dramaturxia desde os veciños contribúe á construción de novos relatos, imaxinarios, representacións estéticas, valores e actitudes para o medio rural no contexto dos retos que suxire o mundo contemporáneo, así como poñe en valor, en diálogo co presente, o patrimonio, o coñecemento e os saberes tradicionais.
b) 5×5, no seu ámbito de establecer pontes entre profesionais do teatro contemporáneo galego e os cidadáns e cidadás da Galicia rural promover a dinamización, a modernización e a innovación dos sectores e axentes culturais e creativos que operan no medio rural, favorecendo a xeración de emprego, a profesionalización e a creación de redes profesionais locais e rexionais. A formación do proceso de produción dun espectáculo favorece especialmente entre os participates máis novos, unha nova fonte de aprendizaxe profesional e unha posible rama laboral para o seu futuro. A maioría de mulleres no equipo técnico/artístico axuda á consecución da igualdade de xénero nestes sectores.
c) Tanto a Aula de Teatro como a Creación e Produción dun Espectáculo promove a inclusión e a estimulación da participación cidadá activa na actividade cultural como instrumento de participación democrática, benestar, saúde e cohesión social e territorial. As Aulas están dirixidas por mulleres dentro dun equipo artístico paritario e cunha sensibilidade especial cara o establecemento de estratexias de igualdade de xénero. Que a Aula sexa Interxeracional incluindo rapaces e rapazas de primaria ata xente maior promove con especial atención á participación xuvenil e á colaboración cos centros educativos.
d) O intercambio entre os grupos na Mostra Itinerante, así como a temática sobfe a peregrinaxe e o Camiño de Santiago das creacións corais favorecen a diversidade cultural, así como o diálogo e o intercambio rural-urbano.
e) Por último o Mapa Emocional e os roteiros vencellados a el, divulgando e revalorizando o patrimonio paisaxístico dos concellos participantes, impulsa a contribución da cultura aos obxectivos de desenvolvemento sustentable, en particular aqueles vinculados coa sustentabilidade ambiental, xa que os nexos emocionais son un primeiro paso para o coidado do entorno natural.
Concellos participantes
Allariz
PARTICIPANTES: Alicia Míguez, Manuela Cordeiro, Cristina Laguna, Montse Santos, Obelia Blanco, Rosa Conde, Vicente Conde, Marián Muiños, Celso Novoa, Alberto Iglesias, Clara Martínez, Xavier Saco
DIRECCIÓN E DRAMATURXIA: Iria Azevedo
ESPECTÁCULO: “O ROCE FAI ROZADURAS”
Lalín
PARTICIPANTES: Soto, Malisa Payo, Emilia Mosquera, Mª Carmen Aparicio, José Luis Abeledo, Ana Guerra, Tamara Franco, Dubraska Vergara, Elba González, Vicente Randazo, Fátima Varela, Charo Rozas, Amada Saa, Cecilia Doporto, Mila, Pilar Taboada, Ana María Darriba, Susana Gómez, Rocío García, Mercedes Bodaño, Gumer Portas
DIRECCIÓN E DRAMATURXIA: Iria Azevedo
ESPECTÁCULO: “CASA RURAL CON ENCANTO”
Mazaricos
PARTICIPANTES: Carmiña Cancela, José Cambeiro, Domingo Caamaño, Esther Muíño, Mari Carmen Moreira, Mari Carmen Rey, María Luaces, Isolina Santiago, Manuel Pérez, Eva García, Laura Prado, Ángela Villar, Yasmina Farhani
DIRECCIÓN E DRAMATURXIA: Arantza Villar
ESPECTÁCULO: “SERÁN”
Bandeira (Silleda)
PARTICIPANTES: Diego Rodríguez, María Aguirre, Viviana Noce, Branca Maceira, Isabel Seijo, Tatiana Varela, Carmen Villar, Mª Cruz Varela, José Ramón Otero, Mª Carmen Ruzo
DIRECCIÓN E DRAMATURXIA: Clara Gayo
ESPECTÁCULO: “ENREDOS”
Vedra
PARTICIPANTES: Mayte Vázquez, Antonio V. Turnes, Liliana Costoya, Tamia Costoya, Daniel Barros, Mercedes García, Laura Iglesias, Reyes López, Cristina Andreetti, Mª Isabel Louzao Rivadulla, Sonia Balado, Inés Bouzón, Irea Sanín, V. Breogán Udías López
DIRECCIÓN E DRAMATURXIA: Clara Gayo
ESPECTÁCULO: “CAMIÑOS E CARREIROS”
Proxecto creado e desenvolvido polo estudo de produción artística FÓSFORO, Arte & Cultura.
Idea e produción José Díaz
Coordinación de proxecto Iria Azevedo
Dramaturxia e dirección Iria Azevedo, Clara Gayo e Arantza Villar
Espazo escénico e vestiario Olalla Tesouro
Iluminación e xefe técnico David Rodríguez
Espazo sonoro José Díaz
Rexiduría Vicente Conde
Comunicación Olaia Tubío
Vídeo GraneroVídeo
Programación web vacamorta
Fotografía Yoshimura Ramón
Co apoio de AGADIC – Xunta de Galicia, Concello de Allariz, Concello de Lalín, Concello de Mazaricos, Concello de Silleda, Concello de Vedra e Asociación Cultural Papaventos
Financiado pola UE Fondos Next Generation, Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Governo de España, Ministerio de Cultura e Deporte a través do Programa Territorio da Consellería de Cultura Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia